decembro 22, 2015

A praia dos afogados

De novo no IES da Terra Chá fomos ao Cine, e en galego. O obxectivo: A Praia dos Afogados, de Gerardo Herrero, adaptación do libro homónimo de Domingo Villar, novela negra publicada por Galaxia en 2009, segunda da serie protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas, despois do seu debut con Ollos de Auga

O pasado mércores 16 o alumnado de 4ºA, que le nestes momentos a Domingo Villar, e os estudantes da optativa de Literatura Galega de 2º de Bac foron os afortunados.

O libro publicouse simultaneamente en galego e en castelán. En 2010 saiu a edición en alemán co título de Strand der Ertrunkenen, traducida por Carsten Regling. En 2011 editouse a tradución ao inglés, co título de Death on a Galician Shore.  O filme emprega a un tempo galego e castelán, con usos próximos á diglosia, aspecto este que non pasou desapercibido para algúns críticos, que valoran como desacertadas ou, cando menos, aleatorias as escollas idiomáticas.



Para sabermos máis:
bretemas.gal
as miñas lecturas
valmiñor.info
asiesono.blogspot.com 
ies garcía barros d'A Estrada

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!