febreiro 14, 2019

Flores en Febreiro


Neste mes de febreiro, desde a Biblioteca do IES quixemos encher o centro de flores.


A pesar dos convencionalismos que rodean o día dos namorados ou de San Valentín, non renunciamos a festexar o que esta celebración teña da gratitude, cariño, amizade, tenrura, simpatía, admiración..., que moita xente ao noso arredor nos inspira cada día.

É por isto que ideamos convidar a todos os membros da comunidade educativa a que agasallasen a outra persoa do centro cunha flor. Cada quen escolleu a súa persoa inspiradora e o equipo de Biblioteca encargouse de preparar e entregar a flor, acompañada dunha mensaxe escrita, anónima ou non, e dirixida a esa persoa especial. 

Se hoxe colocaches nun vaso con auga esa flor xa sabes, amigo, amiga, que hai alguén aí, perto, que agradece cando madrugas para vires cedo ao Instituto a nos engalanar coa túa presenza.

Para sabermos máis:

Un día dos namorados con agasallos galegos
O IES Ferro Couselo de Ourense enche de amor o seu instituto 
Acértalle no Corazón: frecha de chocolate con poema de Estíbaliz Espinosa
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua CTNL 
Concurso de mensaxes de amor da Xunta de Galicia: Lingua de Namorar