marzo 21, 2014

Cineforum en Galego


Un filme de Ignacio Ferreras e guión de Ángel de la Cruz

Cualificación TODOS OS PÚBLICOS
Ano 2012- Longametraxe
Xénero Animación 2D - Duración 89m.
Idioma Galego

Baseada nun cómic orixinal de Paco Roca
Proxección no salón de actos do instituto

Venres 29/11/2013 ás 16:30 h        



"Ola avó, que tal estás?, lembreime de ti porque vin unha película chamada "engurras", tratábase dun home, Emilio, que tiña unha enfermidade chamada Alzheimer..., aprendín unha cousa desa película, que aínda que ti penses que es o máis esquecido, non é así, es o máis querido no mundo. Oxalá este Nadal esteamos xuntos, pero que saibas que te lembro moito. Quérote, un bico!.
P.D. Se vés tes que facer churrasco, avísote."     A.F.C (9 anos)

         Unha longametraxe de animación 2D baseada no aclamado cómic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional do Cómic 2008), con diversos recoñecementos no seu haber, entre eles 2 premios Goya, 5 Mestre Mateo e mencións en moitos festivais de animación de toda Europa.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!