As Cantigas de Santa María son un conxunto de 427 composicións en galego-portugués que constitúen o exemplo mais representativo de canto relixioso medieval en loanza á Virxe María. A día de hoxe continúan as polémicas sobre a autoría directa de Afonso X o Sabio (1221-1284), rei dende 1252; considera a crítica que ao poeta e trobador galego Airas Nunes tamén se lle poderían atribuír moitas delas.
A cantiga 77 Da que Deus mamou conta a historia dunha muller que estaba tolleita e que se cura na catedral de Lugo por un milagre da Virxe. Esta cantiga forma parte dunha das mellores coleccións de cancións monofónicas da literatura medieval en occidente e considérase un dos documentos máis importantes das cantigas de Santa María.

No vídeo que presentamos aparecemos nós facendo uns xogos rítmicos coas mans mentres de fondo soa esta mistura. Pasámolo moi ben preparando o vídeo, mais resultou moi laborioso conseguir unha gravación sen erros. Esperamos que vos guste e gocedes con el. Grazas por velo.
Para sabermos máis:
Instrumentos musicais nas Cantigas en MusicaAntigua.com
As Cantigas, pioneiras da banda deseñada en Diario da Universidade de Vigo
Máis sobre BD e Cantigas en CulturaGalega.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!