Hoxe con nós, despedindo o ano académico 2014-15, estivo García Mc, o rapeiro máis comprometido desta banda do Miño.
Aínda que o noso equipo de son nos fixo ter que mudar de lugar para a actuación, finalmente demos arranxado para que o señor García Mc non se fose sen nos ofrecer a súa arte e o seu verso forte e combativo. No seguinte vídeo veremos como aliou música e palabra co ben coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar":
Neno prodixio do rap, edita co grupo Ghamberros un traballo discográfico xa en 2004. Ao mesmo tempo colabora na fundación do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew (DKTC). En 2013 reciben o Premio ao mellor Proxecto Musical na Categoría de Hip Hop e músicas urbanas dos I Premios Galegos da Música. É así que percorrerá México durante dous meses nunha xira de presentación deste traballo.
Levou o seu Rap en Galego a lugares como a cidade de Copenhague, ou Guiné-Bissau, Cuba, México e Portugal. É frecuente, así mesmo, velo participar en ducias de discos de grupos eclípticos da música galega contemporánea. Outros proxectos nos que anda, alén do devandito colectivo DKTC, son "Foliada Rap and Punk", Labregos do Tempo dos Sputniks, ademais de impartir obradoiros e cursos sobre Cultura Hip Hop/Rap, entendida como ferramenta de transformación social e empoderamento.
"Rúa
arriba e rúa abaixo faise o camiño" di o García, co oficio da palabra
consciente expresándose arredor da alegría e do amor, do sangue e de
Chiapas, espírito que influencia claramente o seu último traballo. E con toda a
xente anónima que fai a digna historia dos pobos, a que non sempre está
escrita, e todo isto cun posicionamento claro: Abaixo, e de pé!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!