abril 22, 2014

Letras Galegas: canción para Díaz Castro

Esa lus é a nova canción creada desde o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz para conmemoraren o Día das Letras dedicado ao autor d'Os Vilares, que dá nome ao seu centro. Empregan unha melodía moi coñecida para musicar os versos e a traxectoria vital de Xosé Mª Díaz Castro, desde que era un cativo ao que chamaban Pepe, até o grande poeta que este ano homenaxeamos. 
Nesta canción destácase a vixencia e actualidade da súa lírica. Así o transmitiron os máis de 200 rapaces e rapazas que participaron nos actos organizados nese IES con motivo do centenario do nacemento do autor o pasado 19 de febreiro. Eses actos concluíron cun ensaio xeral da canción que esperan ter perfeccionada para o vindeiro 17 de Maio e que agora podemos ver en primicia neste vídeo.
Convídannos a cantala con eles descargando a base musical e a propia canción na súa conta de soundcloud.
E vós, xa sabedes cunquear?
Quen queira baixar a letra pincha aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!