abril 18, 2014

60 anos do "Terra Cha" de Manuel María

A evocación da paisaxe da súa terra natal foi un dos temas preferidos de Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María 
(Outeiro de Rei 1929-A Coruña 2004). 
Se botades contas, veredes que este ano se cumpren os 60 da publicación da primeira versión desta obra que leva como título o nome da nosa comarca e, por outra banda, tamén se fan 10 anos desde o pasamento do seu autor. 

Velaquí dúas boas razóns para coñecermos algo máis sobre o libro de poemas que encabeza e inspira este blog.
Quen mellor para nos presentar o tema que un alumno de 3º de ESO, aínda que nesta ocasión non sexa do noso IES, Jorge Carril Espido:

http://cazatesouros.blogspot.com.es/2014/01/50-anos-de-terra-cha.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!