abril 06, 2014

Desde a Terra Chá

Esta curtametraxe pretende alentar á dignificación, á defensa e á divulgación da nosa lingua. Foi creada e dirixida por Andrea Maseda Prado e feita desde a Terra Chá. Enmarcada no tema Lingua Galega e Sociedade, gañou un dos premios ao mellor guión do II Concurso de Curtas Sociolóxicas da Universidade da Coruña. 
Agora proba a identificar á xente diversa e variopinta que sae no vídeo; se estás atenta/o verás rapaces e rapazas que pasaron polo IES da Terra Chá ou que aínda están (ou estarán...).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!