outubro 15, 2014

E Galicia comezou a tocar un soño


10 ANOS: 2004-2014
 









“A nosa fala constitúe o cerne central da nosa identidade, o alento e a alma do pobo galego, e como tal, debemos traballar todos moi unidos e na mesma dirección."

   Son as palabras que por escrito nos deixou Manuel Fraga -daquela presidente da Xunta-, coincidindo coa sonada afirmación de Castelao: "Se somos galegos é por obra e graza do idioma". E fíxoo para presentar un acordo histórico e exemplar do que, xusto hoxe, se cumpren dez anos: o PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA aprobado no Parlamento, por unanimidade, o 21 de setembro de 2004. Ducias e ducias de especialistas, con preto de catrocentas cincuenta propostas, organizados por Comisións Sectoriais, traballaron arreo para non deixar fíos soltos: diagnósticos sobre o estado da lingua, puntos fortes e puntos débiles, análises dos problemas reais detectados, da competencia infantil, obxectivos, estratexias... Daquela Galicia comezou a tocar un soño esperanzador. Por fin todos os parlamentarios e parlamentarias que nos representan sentiron que a lingua, coma o oxíxeno, é un ben común de cuxa saúde todos e todas somos responsables.  



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!