outubro 16, 2014

Para persoas lectoras, curiosas e larpeiras













"Din que as persoas lectoras son curiosas e larpeiras. Para saciar ambos desexos adiantamos as primeiras páxinas dalgunhas novidades editoriais." 

Así comeza este blog ou revista dixital sobre libros en galego, reportaxes, novidades editoriais e información en profundidade sobre "o que se crea en galego e quen o crea". Así e todo, a revista non desbota recomendar tamén lecturas noutras linguas. 

O motivo da cita que destacamos é que o blog ten unha sección titulada Primeiras páxinas onde se van ir colgando as follas iniciais dunha serie de novidades "para facer boca". Así saberemos se nos queda gana de seguir lendo, o que nos axudará a decidirnos sobre tal ou cal lectura.

Outras seccións da revista dixital que presentamos son: Actualidade, Entrevistas, Críticas, Documentos, Opinión... Velaquí unha iniciativa máis do presente ano que non queriamos deixar escapar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!