Que ninguén se asuste: trátase dun colectivo artístico integrado por Manuel Gago (xefe do comando Vilanova),
Rubén Lino (xefe do comando Cangas), e Daniel Vilaverde (xefe do comando Proupín). Levan xa dous anos lanzando os seus vídeos á Rede; sketchs cómicos que escriben, dirixen, interpretan, cantan e o que se precise, repartindo leña por onde faga falta... Con intención clara e estilo directo, no seu perfil de Twitter podemos ler as súas bases programáticas: “colectivo arterrorístico cuxo
obxectivo é ofender a SOMEBODY en SOMEWHERE por SOMETHING”.
Veñen revolucionando as redes sociais desde hai tempo, gañando premios tamén, mais agora a súa versión do tema "Roar" de Katy Perry, dedicada ao presidente da Xunta e á súa política lingüística, bateu xa en apenas 8 días as 25.000 visitas.

Os vídeos destes poeta-rras están cheos de mensaxes críticas, retranqueiras, por veces sarcásticas, sobre cuestións non só políticas, senón temas como as relacións de parella, o sexo, a arte, a cultura audiovisual...
Coñecedores da comunicación e comercialización de contidos deste xénero, e coa axuda dalgunhas arterroristas autónomas e máis ben poucos medios, xustifican a súa existencia "porque o pobo galego precisa un colectivo que mellore a imaxe social do terrorismo audiovisual, en horas baixas nestes momentos. Por iso... e porque non temos traballo nin parella". Con estes vimbios, comezaron xa a súa nova xeira correspondente a este 2015 co seguinte vídeo que presentan así:

"Ante a inminente estrea da nosa 2ª tempada decidimos sincerarnos e
expresar a nosa opinión sobre as numerosas webseries do panorama galego.
Todo o que dicimos no vídeo é certo... salvo algunha cousa que é
verdade" (Por tanto, unha boa ocasión para botarlle un ollo a todo ese mundo de webseries á galega...)
Para sabermos máis:
Twitter.com
Facebook.com
Youtube.com
"Poetarras" en Galiza Contrainfo
Carballo Interplay. Festival de contidos dixitais
XIII Edición dos Premios Mestre Mateo
Unha ducia de webseries galegas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!