maio 01, 2015

O Correlingua entre nós

De novo o Correlingua entre nós. Este ano co lema: a nosa creación común. Os do Terra Chá tamén estaremos na carreira pola lingua que percorrerá 12 vilas e cidades galegas, desde o día 4 ao 15 deste mes; nós iremos á de Lugo, o mércores 6 de Maio, con todo o alumnado de 1º da ESO.

Os grupos musicais escollidos a nivel galego no Cantalingua deste ano para amenizaren a festa final en cada etapa son: Bocinazo, Monoulious Dop e Sacha na horta

Deixámosvos, neste 1º de Maio, co proxecto audiovisual gañador do concurso de vídeos do Correlingua, que gañou o Colexio Sagrada Familia de Aldán, en Cangas do Morrazo. Parte do seu premio consistiu en viaxar ás nosas terras chairegas e visitar a casa museo de Manuel María, o castro de Viladonga e máis o obradoiro de Xaneco. O vídeo leva por título: "o galego é de todos", tomemos nota!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!