Desde o IES de Rodeira, en
Cangas do Morrazo, chéganos este interesante Blog nacido dunha
curiosa idea: "ir transformando o terreo detrás do pavillón do Instituto
nun espazo (re)creativo, que sirva para nos conectar cos procesos de cambio que
acontecen ao noso arredor".
Chámanlle a este espazo Observatorio, porque
comezou sendo o sitio ao que saían á noitiña a observar planetas e
constelacións, aínda que, ben mirado, á luz do día tamén serve para observar.
Observar o paso das nubes ou a transformación das sombras ao longo do día e ao
largo das estacións, a vexetación e a fauna, o ciclo das sementes..., en
definitiva, todo o que medra e vai desaparecendo para transformarse.
De paso, din, fanse máis conscientes da
paisaxe rural e urbana que os arrodea: os xardíns, as hortas, as construcións,
os espazos ermos, a praia, a ría, o horizonte, o mar. En fin, un lugar para a
meditación, a fotografía, o debuxo, o apuntamento, pero tamén o labor
(sementar, plantar, regar...), a reciclaxe, a compostaxe, o diálogo con esa
natureza coa que, case sempre, vivimos de costas viradas.
Tamén nós, desde lonxe, e sen as vistas do mar de Vigo diante da porta, poderemos aprender do que fan estes cangueses observadores.
O blog contén manuais, roteiros, atlas xeobotánicos, catálogos de
herbas medicinais e unha morea de datos e consellos para non se perder
nisto do horteiro escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!