decembro 31, 2017

Un reto pola igualdade

Velaquí presentamos o resultado da estrea mundial do Proxecto Aleluia no IES da Terra Chá. Trátase dunha idea orixinal do Departamento de Música, dirixido polo profesor Benito Buíde, e conta coa participación de todo o alumnado desa materia. Empregando o mítico tema de Leonard Cohen: Hallelujah, aquí na voz da tamén profesora do centro Elba Cancio, acompañada dos magníficos músicos do IES Terra Chá, conseguen crear un ambiente emocionalmente agradable e suxestivo, onde se nos transmite que a verdadeira igualdade supón valorar as diferenzas.

"O proxecto versa sobre un xogo de mans e cadeiras que simboliza a comunicación entre iguais. Xogamos, facemos música, dámonos a man, ollámonos, comunicámonos cos nosos compañeiros, e facémolo desde o respecto á identidade de quen temos a carón. Todos somos iguais, pero todos somos diferentes. Todos somos iguais, mais cada quen ten os seus talentos que o diferencian dos demais."

Noraboa a todas e todos os participantes e colaboradores, porque sen vós non tería sido posible este reto:



Para sabermos máis:
"Hallelujah" por Leonard Cohen

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!