O alumnado de 3º ESO tiña como lectura obrigatoria O que sei do silencio e tivemos a sorte de contar presencialmente coa autora, ao inicio do mes de maio, algo que sorprendeu e agradeceron os rapaces e rapazas, debido ás restricións que sufrimos case ata agora.
A actividade valeu para coñecer o traballo da autora, a súa planificación antes de escribir cada obra, facer preguntas sobre a lectura que estaban a facer, que recapacitasen sobre o tema desta novela, a actuación dos protagonistas e outras
curiosidades.
Gustaron especialmente de como iniciou o coloquio coa lectura interpretativa dun conto. Mesmo lles fixo pensar as preguntas formuladas por Andrea de se lles tiñan contado contos ou do tempo que había que non escoitaban un conto.
O alumnado salientou da autora a súa amabilidade, claridade nas respostas, desexo de responder a todas as preguntas. E moitos deles achegáronse co seu libro, ao final da actividade, para ter unha fermosa dedicatoria da autora. Moitas grazas Andrea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!