abril 27, 2023




Visítannos as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria do Colexio Veleiro Docampo

                 


 Recibimos a estas nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria do Colexio Veleiro Docampo agardando en datas próximas sermos nós os que vaiamos  de visita e compartir así actividades que estamos a desenvolver.           Gozamos coa mostra de regueifas e cantigas que compuxeron coa axuda das súas titoras co motivo do día de Rosalía e recreando algunha  recollida da tradición oral.     

          Parabéns polo traballo realizado!

Os nosos alumnos correspondéronos coa lectura dalgúns  relatos elaborados, por grupos, na materia de Lingua Galega  a partir da lectura sobre a figura do Gatipedro, animal mitolóxico galego ao que se referiu Álvaro Cunqueiro en Escola de Menciñeiros.
   

       



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!