abril 24, 2023

Saída cultural á Reitoral de Gundivós, Pazo de Tor e Monforte

No mes de marzo co alumnado de 2º Bacharelato e outros integrantes do EDL preparamos unha saída para coñecer directamente o traballo artesanal de Elías na Reitoral de Gundivós. 

Esta Reitoral é unha  construcción nobre do século XVIII, restaurada e transformada  nun centro onde se mantén vivo todo o ritual da alfarería da zona. 

Elías é quen nos recibe no exterior onde nos explica a rehabilitación feita na contrucción , pasando ao espazo da bodega que está como museo con variedade de pezas , con diferentes usos e de diferentes é épocas.

 

                                  

 

 Seguidamente elabora para nós un xarro con barro da zona empregando un torno baixo movido coa man; esa peza logo terá que secar.   E con outra peza,  xa seca,  mostra como se recobre o interior con pez (resina de piñeiro) que ao ser quentada nunha fogueira de uces se funde adquirindo a cor negra 

Rematada esta visita trasladámonos ata o Pazo de Tor  (ver  comentario do lugar e estancias do pazo na visita feita en abril de 2019). Como novidade dicir que no baixo andar están recentemente abertas algunhas dependencias do servizo, como poden ser as alcobas. Pola tarde, paseo polo centro de Monforte, coa obrigada  visita e parada con Manuel María.  A seguir observamos a cidade desde o Mosteiro de San Vicente e restos da Torre de homenaxe







 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!