xuño 20, 2023

Conci-coloquio co Rabelo

 O 19 de xuño  desenvolveuse o obradoiro "Bótalle unhas pezas co Rabelo". Xanhe Redondo, coñecido artisticamente como “ O Rabelo”, desenvolveu o tema “Normalización lingüística e autoestima cultural”.

 Foi unha mestura de faladoiro e concerto. O artista formulou varias preguntas como que é a cultura?, que é a cultura galega?, por que se coñece máis o de fóra que o noso?, por que abandonamos a lingua dos nosos maiores?,etc  E o alumnado tiña uns minutos para debater en grupo e despois a posta en común e a seguir  interpretación de pezas diversas, entre elas un cantar da vendima, a Rumba do pan, Palmira.... .      E pedindo ao alumnado que deran nomes de artistas, cantantes ou grupos de música galegos, valeu para comentarlles nomes de artistas que están triunfando fóra do panorama galego e descoñecidos para a nosa rapazada.                    

 El lembrou os ritmos tradicionais, a música da creación colectiva que se fai en seráns, ruadas...vinculouno coa mitoloxía tradicional galega, cuestións de xénero.... Interpretou varias pezas , ben tradicionais  ou rap,  reguetón e música de raíz.

 

  A actividade resultou sorprendente, fixo que os rapaces  sentisen curiosidade pola música que el fai e teñan un recoñecemento da importancia do lugar onde viven, tomen conciencia do moito que  nos transmitiron tantas xeracións e como mesmo podemos transformalo sen perder a esencia.                          

 

                   

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!