marzo 05, 2015

A Marcha Mundial das Mulleres










Aproveitando as datas próximas ao 8 de Marzo, as nosas compañeiras Lucía López e Marta Carballo, de 1º de Bac, decidiron contactar coa Marcha Mundial das Mulleres (MMM) para que coñezamos algo máis diso que chamamos feminismo, termo en absoluto antónimo de machismo, senón reivindicador da igualdade da muller en todos os ámbitos da vida, e por iso, dignificador do xénero humano, pois pide para elas o que foi definido como xenericamente humano. O lema da MMM trata de expresar en moi poucas palabras este obxectivo: "cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo".
No transcurso da charla, Tereixa Otero Dacosta, integrante da MMM, presentounos a IV Acción Internacional consistente nunha caravana feminista que percorrerá Europa, saíndo do kurdistán turco o día 8 de marzo e chegando a Portugal o 17 de outubro, pasando pola nosa terra na primeira quincena dese mes. A idea consiste en documentar e visibilizar aquelas estruturas e organizacións de mulleres que traballan en Europa adiante por un mundo máis xusto e igualitario. Ir ao encontro de mulleres de base e de grupos que loitan e resisten contra a violencia, a austeridade, a pobreza, o racismo, o fascismo, a lesbofobia e todas as opresións que fan a vida das mulleres máis difícil. Os contextos son diferentes, mais os problemas semellantes. O tema desta Acción Internacional será a soberanía alimentaria e as sementes.

Estivemos demasiado divididas! É tempo de unírmonos, de camiñar xuntas, en solidariedade, para facer retroceder os ataques e as opresións que nos rouban os recursos, os dereitos e a dignidade.



Para sabermos máis:
Mulleres e labregas 
Exposición de Mulleres na Historia en PDF: durante este mes, podedes visitala nos corredores do 2º andar do IES da Terra Chá "Trapero Pardo". 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!