marzo 21, 2014

Cineforum en Galego


Sitúase no ano 1976 e conta a experiencia e o shock vital de Breixo, un mozo de aldea que se prepara para converterse un día no cura da vila de Seoane. Mais no seu camiño (na súa propia aldea) vanse cruzar uns mozos urbanos dispostos a crear a carón del unha comuna hippie con todas as consecuencias…



Vilamor é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar que foi estreado en Lugo o 30 de marzo de 2012, hai dous anos, e rodado nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, no Verán e no Inverno.
A orixinal promoción do filme, nunha furgoneta dos anos 70 e visitando nela actores e director todas as vilas e  institutos de ensino secundario de Galicia, fixo que o número de espectadores en sala medrase constantemente, convertendo a película nun auténtico fenómeno cultural galego.

·       "Eu fago cine porque tiven a sorte de vivir a miña infancia e a miña adolescencia nunha aldea"

·        "É fundamental estarmos (como pobo e cultura) na gran pantalla; non só para valorar nós iso que temos, senón tamén para que nos coñezan e valoren noutros países"

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!