
Hai cousa dun ano o Valedor do Pobo e a Consellaría de Traballo e Benestar editaron e presentaron un cómic para alertar sobre as ameazas que poden atopar as e os adolescentes na rede: Os perigos de Internet, con debuxos do autor lugués Ramón Marcos Ferreiro. A edición consta de 30 mil exemplares para distribuír por todos os centros de ensino.
Porén, hai quen pensa que mentres sigamos tratando a rede como
un lugar cheo de perigos e non como un xenial universo informativo e
comunicativo, nada conseguiremos na educación de rapazas e rapaces, e
máis aínda se os tratamos como se fosen parvos. A xente que así pensa establece varias pautas que na súa opinión deben terse en conta na
educación sobre Internet:
- Presentar sempre Internet como algo positivo, cheo de vantaxes, e non como unha fonte de perigos, pois do contrario a mensaxe pode producir rexeitamento nas persoas ás que vai dirixida.
- As persoas son intelixentes, e non parvas. Nin todos os rapaces e rapazas son uns inxenuos aos que se lles pode enganar facilmente, nin todos os pais e nais están completamente fóra de órbita descoñecendo o mundo virtual. Isto non quita que haxa cousas que se deban difundir e dar a coñecer para mellorar a protección tanto dos menores como dos maiores de idade, pero sempre respectando a súa intelixencia.
- Os problemas de conduta, dentro e fóra da rede, soluciónanse mediante a educación, a toma de conciencia, a adquisición dunha actitude respectuosa e educada, etc., pero non mediante a prohibición nin mediante o medo.
- Débense ter en conta as características da tecnoloxía actual e do uso que a xente nova fai dela, tentando ter unha visión de futuro, pois do contrario transmítese unha mensaxe obsoleta e inaplicable, facendo que o discurso perda solidez. [tirado de: tecnoloxia.org]
Para sabermos máis:
O Valedor e a Xunta ven Internet cheo de perigos
E dálle cos perigos de Internet!
Adolescentes e Internet en Galicia
crtvg.es
pantallasamigas.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!