Eis o poema de Díaz Castro máis editado e traducido, o máis
aclamado, no que o poeta denuncia as pasividades e incapacidades que padece o noso país; por iso compara Galiza con Penélope, a muller que tecía de día e desfacía de noite.
aclamado, no que o poeta denuncia as pasividades e incapacidades que padece o noso país; por iso compara Galiza con Penélope, a muller que tecía de día e desfacía de noite.
Moitos críticos estudaron o poema, para algúns "a mellor definición poética, a máis
fermosa e máis tráxica de cantas se fixeron sobre Galicia".
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
De seguido, este pequeno vídeo que recrea o poema Penélope mediante as distintas voces do alumnado e a animación manga que realiza Paula Solla nas clases de Plástica de 1º de Bac do IES As Barxas de Moaña:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!