maio 02, 2014

Canto sabes sobre Díaz Castro?

O CEIP A Ponte de Lugo fainos esta atractiva proposta para poñer a proba todos os nosos coñecementos sobre a vida e a obra de Díaz Castro.

Atrévete con este test de 34 preguntas. Se non o superas, agarda á seguinte entrada deste blog para saberes máis sobre Díaz Castro.

  • Le atentamente o enunciado e escolle a opción correcta entre 4 posibles.
  • Dispós de 20 segundos para pensar cada resposta.
  • Se dás coa resposta correcta esta rodearase en verde; se fallas, a correcta aparecerá marcada en vermello.
  • As respostas incorrectas restan puntuación.
  • As preguntas sen contestar non restan.
  • Ao final do test aparecerá a túa cualificación.
Preme aquí para poderes facer o test.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!