maio 06, 2014

Un telexornal diferente

   Se es das ou dos que non superou o test anterior, non te desanimes. Velaquí tés unha estupenda información adicional que nos achega o alumnado do CPI dos Dices, en Rois, na comarca do Sar. A idea destas rapazas e rapaces é, desde hai xa uns anos, emitir en directo un telexornal dedicado na súa integridade á figura homenaxeada cada 17 de Maio. Este vídeo é unha copia do directo retransmitido nesta ocasión desde a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura o pasado 10 de abril.
  Trátase dun telexornal en toda regra, coas súas presentadoras, Alba Sorribas e Lara Barreiro; correspondentes e xornalistas enviadas aos lugares dos feitos coma Sara, Lidia, Andrea, Ánxela; entrevistas, reportaxes, etc.
  Pasan polos trinta minutos deste noticiario, o presidente da RAG, Don Xesús Alonso Montero, académicos da Terra Chá como Darío Xohán Cabana e Margarita Ledo Andión, críticos literarios e escritores como Armando Requeixo e Rosa Mª Aneiros, teólogos como Xaquín Campo Freire, activos culturais como Alfonso Blanco (da A.C. Xermolos de Guitiriz) ou Mini e Mero (do grupo musical lugués A Quenlla), así como o poeta Luís González Tosar, actual presidente do Pen Clube galego. En definitiva, un telexornal indispensable para coñeceres máis sobre o poeta dos Vilares de Parga.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!