Máis unha vez no blog do vello amigo Cibrán, Carta Xeométrica, profesor de Matemáticas e amador (amateur) da nosa lingua, como indica no lema do blog: "Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego", atopamos un vídeo ben interesante.
Unha chea de veces, di Cibrán, vin referencias a estudos sobre as vantaxes do
coñecemento de máis dunha lingua. Comparto este vídeo precisamente por
estar neste formato e explicar a cuestión moi brevemente pero máis alá
dos tópicos más típicos.
É evidente que saber máis dunha lingua pode facer que algunhas cousas sexan máis doadas, como viaxar ou ver unha película sen subtítulos. Mais ter un cerebro bilingüe ou multilingüe ten outras vantaxes. Mia Nacamulli fálanos sobre os tres tipos de cerebros bilingües e demóstranos que saber máis dun idioma mantén o cerebro san, complexo e activo.
Grazas pola divulgación
ResponderEliminarNoraboa por ese labor denodado e constante a prol da nosa lingua.
ResponderEliminar