En novembro de 1999 a UNESCO declarou o 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna.
Desde esa data, cada ano conmemórase neste día a riqueza que supón a
diversidade lingüística do planeta, con programas e actividades
destinados a preservar esta diversidade e a promover o plurilingüismo. A UNESCO defende o multilingüismo para unha educación inclusiva.
Como é costume cada ano, a directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, fai pública a mensaxe institucional, esta vez con motivo da última edición o ano pasado.
No ámbito de Galicia, o Portal das Palabras (RAG - Fundación Barrié), elaborou un interesante artigo para festexar a edición de 2015 do Día Internacional.
Para sabermos máis:
Telexornal da TVG
Galicia Confidencial
GCiencia
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!