xaneiro 05, 2016

Xogos tradicionais

O pasado venres 18 quixemos rematar o trimestre con xogos tradicionais, entre outras actividades. Aínda que non sabiamos como ía resultar, descubrimos que a todas e todos nos gusta xogar, non importa que sexamos profes ou alumnos, máis ou menos novos, ou con mellores ou peores resultados académicos...

Os xogos populares e tradicionais, aínda que case desaparecidos do patio do noso instituto, como do de tantos outros, terían con seguridade moito máis predicamento se nos propuxésemos reintroducilos e se nos quitase esa vergoña inicial que nos produce pensar en facer o ridículo. O outro día comprobámolo ben ás claras.
Tamén aprendemos a variedade de xogos que temos ao noso alcance: para a xente máis sisuda, para os dinámicos e inquietos, para persoas moi hábiles e de grande destreza, para as de boa puntería, funambulistas, equilibristas..., parellas, tríos, cuartetos ou grupos versátiles. E para todo isto contamos coa axuda da Asociación do Xogo Tradicional de Muimenta, Xotramu, que nos brindou o seu material, apoio e bo facer para nos iniciar da mellor maneira posible neste mundo dos xogos de sempre.  

E para sabermos máis:
as fotos de xotramu no ies terra chá


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!