CONVITE AO CLUBE DE LECTURA EDLG:
O AUTOR: Christopher Morley (1890-1957)
Naceu en Pensilvania (EUA), fillo dun profesor de Matemáticas e dunha violinista, O Parnaso sobre rodas (1917) foi a súa primeira novela. Escritor plural, publicou máis de cen libros, que inclúen narrativa, ensaios e antoloxías. O seu traballo como reporteiro e columnista deulle grande sona nos Estados Unidos. Como escritor destacou polo seu refinamento e humorismo. A literatura contribuíu á súa fama, sendo un escritor popular e, ao mesmo tempo, un narrador de culto entre os seus colegas. A adaptación ao cine da súa obra Kitty Foyle, permitiu que a actriz Ginger Rogers gañase un Óscar á mellor actriz.
Helen McGill é unha muller de 39
anos que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa
converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar
sempre del, así que, cando Roger Mifflin se presenta na súa casa coa
intención de venderlle a súa librería ambulante a Andrew, decide mercala
ela mesma.
Helen quere aproveitar esta oportunidade para vivir as súas propias aventuras e percorrer o mundo, e a travesía co señor Mifflin, chea de andanzas e sucesos extraordinarios, fai que se entusiasme coa natureza e cos libros e descubra os valores e o estilo de vida dun vendedor ambulante.
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Así pois, ánimo coa lectura!
Para falarmos sobre ela quedamos en Xaneiro (en breve escolleremos data) no IES da Terra Chá.
Para falarmos sobre ela quedamos en Xaneiro (en breve escolleremos data) no IES da Terra Chá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!