Poesía sonora colectiva, poesía contra coronavirus, contra confinamento, contra silencio, contra barbarie, contra fuxida, contra distancia, contra medo...
Na III edición do Festival poético para Corpo Principal "Alguén que respira!" ían participar 47 artistas para encher Compostela de poesía durante catro días desta pasada semana, celebrando así o Día da Poesía unha vez máis este ano 2020. Pero xurdiu unha situación excepcional, na que calquera acto colectivo semellaba unha provocación intolerable, e o festival tivo que ser adiado temporalmente. Foi aí cando cobrou protagonismo o Respira! Web, entón os organizadores comezaron a subir os audiopoemas que ían chegando á páxina e ao correo do festival virtual, facíano polo excepcional da situación, "para estar máis perto nun momento en que semella impensable aproximarse, perto para apoiarnos e acompañarnos mutuamente". Foi así como acabaron por reunir o maior fondo de poesía sonora que existe nunha páxina en Galicia. Unha ocasión "para reunirnos todas e todos arredor da voz que nos segue impulsando, para experimentar esa enerxía transformadora das ideas que a palabra aglutina".
“Xamais baixo o xugo do medo
a bater contra aqueles postes impasibles, a proba
da vitoria do mal”
Xabier Cordal
"Levamos catro días convivindo nesta web para celebrar a poesía no
escenario más difícil que se puidese imaxinar. E aínda así, logramos
superar o silencio e o confinamento, as sospeitas e as figuras
escorregadizas nas que nos estamos a converter polo medo e a distancia.
Durante catro días fixemos poesía contra o confinamento e o
coronavirus. Construímos resistencia colectiva contra os muros e na nosa
vontade está facer efectivo o combate ata que o combate conclúa. “A
palabra busca regresar, romper o cerco”, escribiu Pilar Pallarés. Xuntos
creamos o maior fondo de poesía sonora que existe nunha páxina en
Galicia. Non é traballo dunha ou de dúas persoas, senón vontade comunal:
directamente, en medio do confinamento para seguir respirando,
axitámonos máis de duascentas voces."
Para sabermos máis:
Unidade Didáctica, "Poesía para respirar. O poema, o corpo e a voz" Lara Rozados
Bibliotecas escolares de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!