Hoxe o EDLG e o equipo da Biblioteca do centro organizaron unha lectura colectiva de Rosalía de Castro. Aproveitando que a semana pasada, concretamente o 24 de febreiro, conmemorábamos o día do seu nacemento, e que o vindeiro 8 de marzo celebraremos o día internacional da muller, pareceunos o momento ideal para convidar a Rosalía ao noso centro.
E efectivamente chegou Rosalía, sentou na nosa cociña, revisou algúns dos seus versos, falounos do saudable que resulta volver a eles cada pouco e acompañounos na lectura dalgún dos seus poemas máis afamados, dos libros de Cantares Gallegos e Follas Novas, así como un fragmento de As Literatas, carta a Eduarda Pondal, irmá do autor do himno galego. O alumnado de 3º de ESO foi o protagonista esta vez, recitando con sentimento e emoción algúns deses versos tantas veces oídos pero sempre sorprendentes.
Tamén houbo algunhas colaboracións por parte de 2º de ESO e 1º de Bacharelato. Aquí vos deixamos a galería fotográfica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!