As torres do Arneiro
Herdamos imaxes,
palabras borradas e reescritas. Entre tanto cáesenos algunha cousa e pouco
podemos facer. Xunto os fragmentos enriba das ruínas e penso que algo é máis
que nada. Tería que ter contestado iso hai vinte anos, cando o mestre nos
iniciaba preguntando:
-E ti por que
fotografías? Aínda non podía terlle falado do meu xardín privado cheo de pó e
do que non voltaría nunca. De que precisaba a cámara para subir ao radio-faro e
ver a Chaira coma un mar en calma. Engadir unha ollada á paisaxe da memoria en
barquiños de papel antes do seu inminente naufraxio. E premer o botón, coma un
ritual, no mesmo lugar e o preciso momento onde as palabras, as imaxes e as
cousas coinciden. Contestei igual que faría hoxe:
Desde Friol dámosvos as grazas por termos enlazados. Facemos o mesmo. Un saúdo
ResponderEliminarGrazas a vós, friolenses. Un pracer visitar e ler o voso documentado blog. Seguide así.
ResponderEliminar