O Campo
Percorro
o mesmo camiño que o meu pai hai corenta anos. Era un atallo entre a
súa casa e maila da miña nai atravesando O Campo. Agora é inútil, seino, e
non se me ocorre ningunha pregunta. Miro en silencio e semella que
están aí dende sempre: os camiños, o Campo, as fotos e os meus pais.
Non
debería preocuparme. Non temos tempo para lembrar, botar a vista atrás e
converternos en fotografías de sal de prata borrosas, coma eles, e
seguir quedando, aínda que sexa impreciso, coma os camiños que non
emprega ninguén
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!