En outubro os alumnos e alumnas de 4º de ESO tivemos unhas intensas e produtivas charlas
sobre iniciativas emprendedoras, ofertadas desde a Deputación de Lugo.
As charlas culminaron o día 26 cunha visita a tres das empresas ecolóxicas
da provincia, onde atopamos persoas realmente loitadoras e emprendedoras.
Aprendendo do exemplo |
Visitamos en primeiro lugar a Sociedade Cooperativa
Milhulloa e alí puidemos saborear unha infusión de melisa ecolóxica. Estivemos tamén na
Granxa A Cernada, de lácteos ecolóxicos, con vacas tamén ecolóxicas. Rematamos o día na aldea ecoagroturística de Arqueixal, de novo na Ulloa, onde se elaboran, entre outros produtos, iougures e
queixos deliciosos.
Velaquí unha xornada intensa, divertida e interesante, que nos vén demostrar que un medio rural e agrario sustentables, tanto desde o punto de vista ecolóxico como económico e social, son posibles e necesarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!