O cancro de páncreas é tamén coñecido como
o cancro silencioso, pola ausencia de síntomas significativos até estadíos moi avanzados, o que supón que moitas das
persoas diagnosticadas non superan o ano tralo diagnóstico, sendo o índice de
supervivencia a 5 anos de un escaso 3%.
Precísase un maior investimento en investigación para poder entender mellor os mecanismos de expansión desta doenza, así como para o desenvolvemento de programas de detección precoz. En
canto aos factores que inflúen neste tumor, ademáis da compoñente xenética ou a
obesidade, a Asociación Española do Cancro de Páncreas sinala que alomenos un 25% dos pacientes de cancro de páncreas
son ou foron fumadores durante
moito tempo.
Agora deixémonos de cifras e botemos unha ollada ao noso arredor: coñecemos
persoas que padecen ou padeceron algún tipo de tumor? Seguro que a pregunta
non é difícil de responder... Hoxe vai polos enfermos do cancro de
páncreas, polos que pelexaron pero non puideron seguir con nós, polos que están
facendo fronte agora mesmo ao peor dos prognósticos…
Polos nosos seres queridos, polo noso futuro, é hora de cambiar as cousas.
Polos nosos seres queridos, polo noso futuro, é hora de cambiar as cousas.
Consideramos imprescindible unha maior taxa de
supervivencia xa!
[Silvia Calvo Iglesias]
Para sabermos máis:
AECC Cancro de páncreas
Fundación Más que Ideas Guía cancro de páncreas: alimentación e calidade de vida
EFE: Salud Cancro de páncreas, o máis mortal e difícil de diagnosticar
Televisión de Galicia Cancro de páncreas, a materia pendente da oncoloxía
Televisión de Galicia Cancro de páncreas, a materia pendente da oncoloxía
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!