Porque as mulleres agredidas, para probar que foron agredidas, teñen
que gardar o loito da agresión. Non se lles ocorra tratar de recuperar a
normalidade, ou gozar minimamente de algo, ou sorrir, ou celebrar o seu aniversario, porque entón dubidarán delas.
A xustiza patriarcal dubidará sempre delas. A opinión pública dubidará
delas.
Síntoo, de verdade.
Sinto que a lei non te protexa con máis coidado por considerar que os
feitos que ti denunciaches non son violencia machista. Sinto que te culpen a ti
por agredirente.
Xa nada será igual.
Cambiáronche algo para sempre.
Pero o importante non é o que che pasa. É o que ti fas co que che pasa.
E o que vas facer é vivir. Tirar.
E cando te sintas feble. Cando penses por que a min. Cando te enchas de
carraxe ou de dor.
Lembra.
Que non estás soa.
Irmá, compañeira, muller.
NON ESTÁS SOA.
O acto contra a violencia de xénero en imaxes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!