O 2 de febreiro, día da Candeloria, é o día no que casan os paxariños, polo tanto, o día do amor. E o 14 de febreiro está considerado tamén o día dos/as namorados/as. E así, entre unha data e outra, o EDLG e o Departamento de Lingua Galega organizan e convocan un Concurso de Poesía coas seguintes bases:
PARTICIPANTES: Todo o alumnado do Centro (ESO, BAC, FP
Básica e Ciclos).
MODALIDADE: Poderase participar con un ou máis textos.
LINGUA: Galego.
TEMA: O amor.
DATA de ENTREGA: Ata o 7 de febrero.
MODO de ENTREGA: Deberás entregalo nun sobre pechado cun pseudónimo
a algún profesor/a membro do Equipo de Normalización. No interior irán os datos
persoais (curso, grupo, nome e apelidos).
PREMIO/S: Concederanse un Primeiro Premio e mais os accésit
que o xurado considere.
Non se admitirán propostas que incorran en insulto, falta de
respecto a persoas, colectivos ou ben con contidos sexistas ou xenófobos.
Anímate e comeza xa a escribir!
Anímate e comeza xa a escribir!
Para sabermos máis:
Atención este ano á convocatoria de Lingua de Namorar, concurso en liña de mensaxes de amor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!