febreiro 02, 2021

Concurso de Fotografía

Hoxe é 2 de febreiro, día da Candeloria, día no que casan os paxariños, e polo tanto o día do amor. E o 14 de febreiro está considerado tamén o día dos/as namorados/as. Así, entre unha data e outra, o EDLG e o Departamento de Lingua Galega organizan e convocan para este ano un Concurso de Fotografía coas seguintes bases:
 
PARTICIPANTES: Todo o alumnado do Centro 
(ESO, Bacharelato, FP Básica e Ciclos)
 
MODALIDADE: Poderase participar con traballos fotográficos, ata un máximo de CATRO fotos.

TEMA: O amor en todas as súas modalidades, cara a persoas, animais, obxectos ou paisaxes con significado especial para nós.
 
FORMATO: Deberán ser arquivos jpg ou jpeg.

DATA de ENTREGA: Ata o domingo día 21 de febreiro.

MODO de ENTREGA: Deberás entregalo por correo electrónico a edl@iesdaterracha.net Cada foto deberá levar un título, pero ningún dato persoal. No correo que envíes, e en arquivo adxunto, irán a parte os teus datos persoais, nome e curso.

PREMIO/S: Concederanse un Primeiro Premio e mais os accésit que o xurado considere.
 
ATENCIÓN: No caso de que aparezan persoas nas túas fotos, debes pedirlles permiso para reproducir a súa imaxe. Se ademais son persoas menores de idade, é necesario o consentimento por escrito dun adulto/a ao seu cargo. 
 
Non se admitirán imaxes que constitúan vulneración dos dereitos elementais das persoas ou que supoñan exaltación da violencia ou incitación ao odio. 
 
 
Anímate, saca o móbil e contempla o teu entorno.
A inspiración está a piques de chegar!


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!