ENTREGA DE PREMIOS
Concurso de poesía Candeloria 2020
A causa do confinamento e peche dos centros de ensino a partir do 13 de marzo de 2020, non puidemos facer entrega dos premios do certame do pasado curso 2019-20.
E agora, rematado este primeiro trimestre, aínda non sendo posible facer a entrega a través dun acto numeroso e lucido, por causa de respectar as medidas que marca o protocolo Covid, si puidemos (en formato reducido) entregarlle aos premiados, alumnado actualmente en 3º e 4º de ESO, os seus esperados e merecidos agasallos.
O 1º premio foi para Cristina Pérez Amigo
Varios Accesit para:
Natalia Edrosa Crecente
Raúl Freire Fernández
Karla García Cabarcos
Laura García Fernández
Agradecemos a todas e todos eles a súa participación e bo facer, desexando que manteñan sempre o seu espírito literario. Parabéns!
Agardamos poder facer unha nova convocatoria proximamente na que haberá novidades e na que esperamos seguir contando coa colaboración dos premiados e coa de todas e todos vós.
E sen máis, aquí deixamos un pedaciño da arte deste certame:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!