decembro 05, 2014

Esquecemento

O Manicomio
   
   Nada muda no muro aínda que a dor o acerque á razón e acordas triste e sentes que esa tristura non terá xa fin.

  Espazos baleiros e muros que xa non pechan. 
Só resta unha marca: 
un rastro de enfermidade que alí se encerrou, 
unha cicatriz, 
unha tatuaxe na parede, 
unha pegada que se repite, 
debuxada e fendida no muro do Manicomio.

  Ata que un día as marcas preciosas de lapis desaparecen. 
E despois nada.







Para sabermos algo máis ou aínda máis ou máis aínda
Proxecto EntoleArte

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!