Seguro que quen siga este blog lembrará a entrada o legado do galego, onde a rapazada de instituto na Mariña de Lugo e nas Rías Baixas se mostraba orgullosa do seu xeito de falar, (entoación, acento, sotaque ou como queiramos dicilo), editando senllos vídeos que exibían precisamente iso: como se nomean as cousas nas súa terra e o particular son que se transmite ao pronuncialas, así, á boca chea, sen medo, sen o desexo de modular, refrear ou suavizar o particular acento que revela a nosa marca de nacemento, o noso lugar de orixe, xeográfico, social, cultural, marca e lugar que nunca deberíamos ter sentido necesidade de ocultar, disimular ou, directamente, mudar.
Pois ben, aquí tedes un vídeo espléndido para visualizarmos o que estamos a dicir. Gocemos da autenticidade e riqueza que inspira. O suxestivo e revelador que resulta falar recuperando sons e tonalidades xenuínas da lingua (e non imitar os bustos parlantes televisivos) foi valorado tamén no seguinte e recomendable blog sobre linguas, libros e ideas: Certas Palavras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!