Miles de persoas e centos de colectivos representativos da ampla diversidade
social que defende a nosa lingua mostraron estes días, por diferentes
medios, o seu apoio á convocatoria da plataforma cidadá Queremos Galego
de manifestación para hoxe, 8 de febreiro, en Santiago de Compostela.
Destacamos, como mostra de apoio ao devandito acto público, un vídeo que
contou coa participación
das seguintes actrices e actores: Ricardo de Barreiro, Quico Cadaval,
Pepe Penabade, Laura Ponte, Lucho Penabade, Isabel Risco,
Teresa Rodríguez e Iria Sobrado. Música: 'Grass', composta por Silent Partner. Traballo audiovisual feito por Irmandade.TV.
Para sabermos máis:
Declaración institucional da Real Academia Galega
Praza.gal: últimas estatísticas sobre o uso do galego
Hai remedio para o descenso no uso do galego?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!