febreiro 06, 2015

Festas polo móbil

Non sabes cando ver os peliqueiros polas rúas de Laza? Pásaseche sempre a Romaría do Corpiño? Descoñeces o día para ir tomar as nove ondas? Agora poderás acceder a estas festividades desde o teu computador ou  móbil da man do Calendario de Festas Tradicionais Galegas que vén de se presentar en Culturagalega.org, unha aplicación até o momento inédita no noso país e que agora se fai realidade. Ademais agardan que a iniciativa vaia medrando coa colaboración das e dos lectores: así pois, será un calendario aberto á colaboración. Se queres axudar a completalo, non tés máis que escribir a redaccion@culturagalega.org, indicando que festividades queres introducir e daranche o permiso de edición para que ti mesma/o as inclúas.
Pódese consultar toda a información aquí. Atención ás "notas técnicas" para incorporares o Calendario aos teus dispositivos e aplicacións.

Guía de Festas Populares
Para este proxecto, e para alén dos contidos previos que Culturagalega xa elaborara no seu portal,  aproveitouse o material dispoñible na Rede, como Galicia Encantada ou a Galipedia, e libros como a Guía das festas populares de Galicia, a Guía da Galiza Máxica, 13 noites, 13 lúas, Libro das marabillas de Nadal ou o volume Antropoloxía. Relixión, crenzas e festas do Proxecto Galicia

De certo que nestas e noutras obras atoparás material para axudar a completar esta iniciativa. Anímate!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!