Ademais de coñecermos as diferentes tradicións e rituais que na cultura tradicional galega celebran a chegada do Nadal e máis do Inverno, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística preparou este ano unha chea de recursos para o Nadal que non debemos desaproveitar. E se o que buscamos é inspiración para os agasallos preceptivos desta época, ademais de agasallar unha lingua (como di o lema que encabeza este post), sempre podemos botarlle un ollo aos produtos tecnolóxicos con opción de lingua galega.
Finalmente, quédanos felicitar o Nadal a todo o mundo en, polo menos, 300 linguas, para que ninguén fique sen os bos desexos que expresamos nestas datas.
Ah, e se vos parece pouco, agardade ao día 3 de Xaneiro ás 17:00, na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea, onde os televisivos Fran Rei e Pedro Brandariz (Os 7 Magníficos +1), despedirán como se merece o ano vello, entrando con mellor pé no novo a través do espectáculo de humor a cachón Feliciano!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!