novembro 28, 2014

Para un esquecemento



As torres do Arneiro

    Herdamos imaxes, palabras borradas e reescritas. Entre tanto cáesenos algunha cousa e pouco podemos facer. Xunto os fragmentos enriba das ruínas e penso que algo é máis que nada. Tería que ter contestado iso hai vinte anos, cando o mestre nos iniciaba preguntando:
  -E ti por que fotografías? Aínda non podía terlle falado do meu xardín privado cheo de pó e do que non voltaría nunca. De que precisaba a cámara para subir ao radio-faro e ver a Chaira coma un mar en calma. Engadir unha ollada á paisaxe da memoria en barquiños de papel antes do seu inminente naufraxio. E premer o botón, coma un ritual, no mesmo lugar e o preciso momento onde as palabras, as imaxes e as cousas coinciden. Contestei igual que faría hoxe:
   -Non o sei, o día que o saiba, moi probablemente deixarei de facelas. 


2 comentarios:

  1. Desde Friol dámosvos as grazas por termos enlazados. Facemos o mesmo. Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós, friolenses. Un pracer visitar e ler o voso documentado blog. Seguide así.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!