maio 08, 2014

O Dominio Punto Gal

A organización inter-nacional ICANN, que regula os dominios na Rede a nivel mundial, vén de conceder formalmente o pasado mes de abril o dominio [.gal] á asociación galega que pulou por el: a Asociación PuntoGal, que con 7 anos de traballo, 13.000 apoios cidadáns e máis de 110 entidades adheridas, ve agora os froitos do seu esforzo.
En 2005, a ICANN aceptou o primeiro dominio relacionado con unha comunidade lingüística e cultural: .CAT, o Dominio de Primeiro Nivel da lingua e a cultura catalás. O dominio .CAT permitiu crear un novo tipo de dominio que até aquel momento non existía na clasificación de TLDs. Creouse así un precedente e, dese xeito, os TLDs convertéronse tamén nunha ferramenta para a identificación das comunidades lingüísticas e culturais na Internet.
É por isto que, tomando o camiño iniciado por .CAT, o dominio .GAL debe agora converterse nunha realidade. Mais non somos os únicos que emprendemos esta andaina; outras comunidades lingüísticas e culturais tamén en proceso de conseguiren o dominio propio son:

.CAT
.GAL
.CYM

.EUS
.SCOT
.BZH



.GAL é unha oportunidade única para agrupar todos os contidos da Rede relacionados coa nosa cultura e a nosa lingua e dar maior visibilidade e presenza ao pobo galego na Internet e no mundo, contando con un lugar propio e diferenciado para a nosa cultura e a nosa sociedade no labirinto dos dominios. Ter un dominio propio supón un elemento simbólico que é, ao mesmo tempo, un exercicio de normalidade, que serve ademais como ferramenta que contribúe á normalización da nosa lingua e a potenciar o noso patrimonio cultural, artístico, científico e social no exterior. 
Descubre a quen pertencen as bandeiras e cal é o nome do país na súa lingua propia: así explicaraste por que motivo escolleron esa abreviatura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!