Velaquí un aperitivo que nos mostra algo do que fixeron as vosas compañeiras e compañeiros na súa viaxe de fin de etapa a Cataluña.
Entre os días 6 e 12 deste mes de Abril tiveron a oportunidade de coñeceren algunhas cidades e lugares interesantes da terra que viu nacer a artistas como Antoni Gaudí ou Domènech i Montaner, dos que puideron admirar parte da súa obra. Así mesmo, viviron por unha hora a sensación de estaren nun refuxio antiaéreo sometido a constantes bombardeos, tal como a poboación civil barcelonesa de 1937-38.
Con unha extensión similar á galega, pero con 7,5 millóns de habitantes e o 19% do PIB español (2,8 e 5,5% respectivamente para o caso galego); con un PIB por habitante de 27.000 € (20.000 € por habitante no caso galego), a historia e a lingua de Cataluña son moi valoradas polos seus habitantes e para a maior parte deles son a base da súa identidade colectiva. Algúns autores en lingua catalá que debemos coñecer son, por exemplo, Ramon LLull, Ausiàs March, Jacint Verdaguer, Josep Pla, Mercè Rodoreda ou Salvador Espriu.
Foi unha viaxe inesquecible. Saúdos a toda a xente! xD
ResponderEliminar