abril 24, 2014

O trailer da viaxe


 Velaquí un aperitivo que nos mostra algo do que fixeron as vosas compañeiras e compañeiros na súa viaxe de fin de etapa a Cataluña. 

Entre os días 6 e 12 deste mes de Abril tiveron a oportunidade de coñeceren algunhas cidades e lugares interesantes da terra que viu nacer a artistas como Antoni Gaudí ou Domènech i Montaner, dos que puideron admirar parte da súa obra. Así mesmo, viviron por unha hora a sensación de estaren nun refuxio antiaéreo sometido a constantes bombardeos, tal como a poboación civil barcelonesa de 1937-38.

Con unha extensión similar á galega, pero con 7,5 millóns de habitantes e o 19% do PIB español (2,8 e 5,5% respectivamente para o caso galego); con un PIB por habitante de 27.000 € (20.000 € por habitante no caso galego), a historia e a lingua de Cataluña son moi valoradas polos seus habitantes e para a maior parte deles son a base da súa identidade colectiva. Algúns autores en lingua catalá que debemos coñecer son, por exemplo, Ramon LLullAusiàs MarchJacint VerdaguerJosep PlaMercè Rodoreda ou Salvador Espriu.

1 comentario:

  1. Foi unha viaxe inesquecible. Saúdos a toda a xente! xD

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!