xaneiro 30, 2015

A Esmorga

Finalmente, no IES da Terra Chá tamén puidemos ir ao Cine, e en galego. O obxectivo: a 5ª longametraxe de Ignacio Vilar, estreada simultaneamente en 25 salas de toda Galicia dous meses atrás, A Esmorga.
Un día frío e mollado de Xaneiro que nos permitiu compartir a atmosfera que o Castizo, o Bocas e o Milhomes respiraban na Auria de Eduardo Blanco Amor.
 
Para sabermos máis:
rincondelvago.com
editorialgalaxia.es 
crtvg.es
sermosgaliza.gal
praza.gal
academia.edu
roteiro d'A Esmorga pola cidade de Ourense

xaneiro 14, 2015

Entra e escoita. E se che gusta... comparte!


Vense de poñer en marcha unha iniciativa para demostrar ao mundo que existen falantes de galego, en moitas partes do planeta, e que teñen menos de 60 anos, incluso menos de 40, e de 30; de feito, case ningún dos que aquí se vaian mostrando chegará aos 18!

Quen entre poderá comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben!

Se queres presumir do ben que falas a nosa lingua, da túa fonética, do léxico e xeito de falares que mamache desde que naciches, se queres mimar o galego, esta é a ocasión: comparte a túa fala e prepara calquera tema gravándote durante o tempo máximo dun minuto e enviando o arquivo sonoro aquí.

Ah, e se o interese polas variantes xeográficas da lingua, as distintas entoacións, etc., se acrecenta, tamén dispoñen neste sitio de ligazóns para sabermos máis. Sen esquecer o legado do Galego que circula pola Rede desde hai uns meses.

Noraboa á Coordinadora galega de EDNL pola iniciativa.


xaneiro 13, 2015

Infografías

A Infografía é unha aplicación da informática á representación gráfica e ao tratamento da imaxe, que combina imaxes sintéticas, explicativas e doadas de entender, con textos aclaratorios, todo coa finalidade de comunicar información do xeito máis visual posible para facilitar así a súa transmisión. Ilustracións, gráficos, diagramas, fotografías e mapas que axudan a presentar e interpretar instantaneamente un conxunto de información con frecuencia moi basto.

Como facer infografías non representa xa algo tan complexo e especializado. En particular, no mundo das linguas vemos con frecuencia o recurso á infografía como canle de presentación de contidos e datos, tanto desde un punto de vista cuantitativo como cualitativo.

Como mostra da súa importancia crecente podemos visitar páxinas como estas: 
bendita infografía
geolingüística.org
mundo.sputniknews.com
institutomindset.com