Vense de poñer en marcha unha iniciativa para demostrar ao mundo que existen falantes de galego, en moitas partes do planeta, e que teñen menos de 60 anos, incluso menos de 40, e de 30; de feito, case ningún dos que aquí se vaian mostrando chegará aos 18!
Quen entre poderá comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben!
Se queres presumir do ben que falas a nosa lingua, da túa fonética, do léxico e xeito de falares que mamache desde que naciches, se queres mimar o galego, esta é a ocasión: comparte a túa fala e prepara calquera tema gravándote durante o tempo máximo dun minuto e enviando o arquivo sonoro aquí.
Ah, e se o interese polas variantes xeográficas da lingua, as distintas entoacións, etc., se acrecenta, tamén dispoñen neste sitio de ligazóns para sabermos máis. Sen esquecer o legado do Galego que circula pola Rede desde hai uns meses.
Noraboa á Coordinadora galega de EDNL pola iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!