maio 19, 2015

20 anos sen "Trapacero"

BREVES APONTAMENTOS BIOGRÁFICOS SOBRE XOSÉ TRAPERO PARDO

Por Ramón González

I. DE CASTRO A MONDOÑEDO 
Xosé Antón Trapero Pardo naceu o 28 de setembro de 1900 no lugar de Iglesia en Castro Ribeiras de Lea. Foi un dos máis importantes xornalistas e escritores lucenses do século XX. Segundo Xosé de Cora, autor da única biografía do xornalista chairego, os seus proxenitores foron o reloxeiro Bernardo Trapero Rivas orixinario dun pobo de Segovia e Concepción Pardo López, orixinaria da parroquia de Duarría.

Con catorce anos entra a estudar no seminario de Mondoñedo, vila que marcará a súa formación intelectual, e onde coñecerá a outros intelectuais como Crecente Vega, Noriega Varela, Lence Santar ou Álvaro Cunqueiro. Axiña Trapero Pardo comeza a colaborar nos xornais mindonienses, como é o caso da revista Acción Social, con periocidade quincenal, Justicia, da que chegaría a ser o seu redactor xefe, ou Renovación. A pesar de realizar os seus estudos no seminario, Trapero Pardo non será ordenado sacerdote, aínda que mantería unha forte actividade relacionada con diversas organizacións católicas, moi especialmente no ámbito agrario.

No ano 1925 publica a súa primeira obra: “El mariscal Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte” que sería  editada en Lugo pola imprenta de D. Gerardo Castro. A obra foi recensionada en agosto de 1925 no xornal “El Heraldo Gallego”:

Sobre la muerte y prisión del Mariscal D. Pedro Pardo de Cela, acaba de publicar el joven poeta J. Trapero y Pardo un tomo de 72 páginas, que constituye un bello y bien trazado romance, donde el poeta se manifiesta y hasta se consagra como tal.
(..) Pardo de Cela como demuestra Trapero y Pardo, ni fue un cobarde, ni fue un feudal, ni fue un vulgar facineroso, como han dicho algunos historiadores, de reconocida autoridad. Pardo de Cela fue, por así decirlo, un gallego de corazón, que ni los halagos, ni su bienestar, pudieran detenerle ante la arremetida de las fuerzas castellanas que dirigía Mudarra.
De todo eso nos habla el poeta, en bello romance. Relata la muerte y prisión del Mariscal, haciendo desfilar a todos los personajes del histórico drama, a quienes retrata admirablemente, a la vez que saca a la luz alguna de las leyendas, que de generación en generación se vienen sucediendo”.

Un ano máis tarde publicaría unha das súas poucas incursións na poesía: “Lóstregos e moxenas”.

O ano 1930 funda o semanario Vallibria onde aparecerían as primeiras colaboracións do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro. O nome da cabeceira está inspirado no nome do val onde se asenta a vila mindoniense, nome de cabeceira que tamén adoptaría anos atrás a loxia masónica da vila e á que pertenceu o escritor Leiras Pulpeiro a quen, con posterioridade, Trapero Pardo dedicaría un estudo biográfico. A amizade de Trapero e Cunqueiro manteríase durante os anos e ambos escritores citaríanse mutuamente en numerosas ocasións. Un exemplo desa relación fraternal entre os dous amigos serán os artigos de Cunqueiro no xornal “La Noche” como o “Las fiestas de Mondoñedo”, publicado en setembro de 1949 onde nos di: 

Las fiestas son en honor de Nuestra Señora de los Remedios. Mondoñedo, que tiene su historia por escribir, tiene, gracias a José Trapero Pardo, un delicioso libro sobre el santuario de los remedios”.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!